Entradas

Éxito rotundo na convocatoria de axudas 2024

Imagen
  O GALP Golfo Ártabro Sur recibe proxectos por máis de 1.500.000 euros. O GALP Golfo Ártabro Sur consegue un importante éxito nesta convocatoria de axudas 2024, acollendo proxectos por máis de 1.500.000 euros. Tras o fito acadado na primeira convocatoria das axudas FEMPA no ano 2023, con proxectos por máis de medio millon de euros, o GALP triplica este logro e acaba proxectos por máis de un millón e medio de euros no 2024. Este resultado na convocatoria é o colofón a uns meses de grande traballo dende a equipa técnica e xunta directiva para lograr acadar os resultados e compromisos da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP), que o grupo elaborou para a xestión dos fondos FEMPA no territorio. Entidades de todo tipo do territorio son os promotores, que presentaron os seus proxectos ao longo do mes de febreiro. As temáticas dos proxectos son moi variables, pero vese unha importante presenza do sector pesqueiro e de actividades vencelladas a él. Cabe destacar ta

O GALP facilita a presentación online con un punto de presentación de proxectos

Imagen
  Os GALP   Golfo Ártabro Sur inaugura un punto de presentación online de solicitudes de axudas e demais documentación dirixida á Consellería do Mar. Dende o día 26 de febreiro o GALP Golfo Ártabro sur pon a disposición das persoas interesadas, os medios electrónicos e persoais necesarios para a presentación electrónica das solicitudes de axudas e demais documentación dirixida á Consellería do Mar. O GALP como entidade colaboradora da Consellería do Mar na xestión das axudas FEMPA 2021-2027, asiste ás persoas interesadas no uso dos medios electrónicos nas súas relacións con esta Consellería. O horario no que se poderán empregar as instalacións son de luns a venres de 9:00 a 14:00h.

Celebrada xa a Asemblea Xeral 2024 do GALP Golfo Ártabro Sur

Imagen
O GALP Golfo Ártabro Sur contou esta anualidade 2024 cunha gran asistencia á súa Asemblea Xeral de socios.   O día 26 de febrero celebrouse a Asemblea Xeral de Socios do GALP Golfo Ártabro Sur  con unha asistencia considerable dos socios. Nesta reunión puxéronse ao día dos proxectos e actividades do 2023, así como aprobaron os orzamentos e actividades para 2024. Tamén se ratificou o novo secretario do grupo Manuel Suárez pertencente á entidade do sector pesqueiro ACERGA OPP82. Dende o GALP Golfo Ártabro Sur, seguese a traballar para o desenvolvemento do territorio e a creación dun sector do mar forte e resiliente.  

Xornadas para formación á presentación das axudas FEMPA 2024

Imagen
Dende o GALP Golfo Ártabro Sur realizáronse varias xornadas de información a potenciais promotores Nos días 15, 16 e 19 de febreiro o GALP Golfo Ártabro Sur realizou as xornadas de presentación das axudas FEMPA na convocatoria 2024. Estas xornadas tiveron como principal obxectivo conseguir que tódolos promotores teñan acceso á información, para isto realizáronse as xornadas tanto en formato presencial como en formato online. Nestas xornadas déronse a coñecer os posibles proxectos que poden ser financiados mediante os fondos FEMPA na convocatoria do 2024 en cada un dos obxectivos estratéxicos, facendo fincapé nos seguintes eidos: pesca, comercialización, transformación, turismo, benestar social, patrimonio, medio ambiente, gobernanza, etc. Para isto, amosáronse proxectos de éxito da pasada anualidade, e incluso do pasado programa, que permitiron ver aos promotores ideas que poidan enriquecer a realización dos seus proxectos. Para a inauguración das xornadas contouse coa presenza d

Xornadas para formación á presentación axudas FEMPA 2024

Imagen
Nestas xornadas daremos a coñecer os posibles proxectos que poden ser financiadas mediante os fondos FEMPA neste 2024 (pesca, comercialización, transformación, turismo, benestar social, patrimonio, medio ambiente, etc.), amosaremos proxectos de éxito da pasada anualidade, promotores que obtiveron axudas contarán a súa experiencia, etc. Como punto principal, amosarase a forma de presentar a documentación correctamente e conseguir o éxito no proxecto, e aconsellarase persoalmente todas as dúbidas existentes.   Convidámosvos ás xornadas que imos a realizar tanto de xeito presencial como online: -  “Xornada de presentación axudas FEMPA 2024”      15 de febreiro de 2024 de 18:00 a 20:00h  na sede do GALP Golfo Ártabro Sur (Avda. Do Porto nº 21 baixo – Sada)       Inscrición:  https://docs.google.com/forms/d/1mT5Wu-KLYsPrgvYbnxuVrul1uM1r-U4A92V1OYsN_aI/edit     - “Xornada de presentación axudas FEMPA 2024”     16 de febreiro de 2024 de 9:00 a 11:00h  online mediante plataforma Zoom      Insc

Aberta a nova convocatoria de axudas 2024

Imagen
  Dende o día 1 de febreiro xa se poden solicitar axudas ao mundo do mar mediante os fondos FEMPA.   Hoxe foron publicadas no DOGA a nova convocatoria de axudas FEMPA para esta anualidade 2024, que se poderá solicitar en sede electrónica mediante o procedemento PE155A. https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240131/AnuncioG0427-291223-0001_es.html  Dende o GALP Golfo Ártabro Sur, estase a comunicar a tódolos posibles promotores cos que se mantivo reunión, que xa está aberto o prazo para a presentación das axudas, e lembrar que é moi importante poñerse en contacto co grupo antes da presentación dos proxectos. Isto permite comprobar que toda a documentación está correctamente cumprimentada, e así evitar a inadmisión de axudas por problemas de forma na documentación. Nas redes sociais e no blog do grupo, atoparase máis información das axudas e o procedemento de solicitude. Dende o GALP estase a ver esta convocatoria con grandes expectativas, pois espérase acadar o millón de

Traballando para conseguir novos proxectos

Imagen
Dende o GALP Golfo Ártabro Sur estase a traballar para conseguir novos proxectos na próxima convocatoria 2024. Dende o GALP Golfo Ártabro Sur estamos a traballar na difusión da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP) para dar a coñecer as oportunidades que os fondos FEMPA poden traer ao noso territorio. Moitos promotores son os que pasaron estes días pola oficina do grupo solicitando información sobre as axudas e asesoramento para o desenvolvemento das súas ideas. Dende o grupo estamos á espera da nova apertura de convocatoria para este ano 2024, que se espera para o día 1 de febreiro, e sobre todo, satisfeitos do traballo ben feito nas pasadas anualidades en relación á dar a coñecer o GALP, pois cada vez son máis persoas que acoden solicitando as axudas. Na primeira convocatoria do período FEMPA, foi un grande éxito no territorio do GALP Golfo Ártabro Sur superando o importe de medio millón de euros en solicitud

O GALP Golfo Ártabro Sur realiza unha xornadas coas AEDL do territorio

Imagen
  Os técnicos das AEDL do territorio acoden á reunión co GALP Golfo Ártabro Sur para coñecer os fondos FEMPA O GALP Golfo Ártabro Sur convocou ás Axencias de Emprego e Desenvolvemento Local (AEDL) do territorio a unha xornada onde se deron a coñecer as axudas FEMPA e as posibilidades que estas ofrecen no territorio. Técnicos dos concellos foron informados das posibilidades que tiñan os emprendedores ou desempregados que pasan polas súas oficinas dentro das axudas do GALP. Varias foron as iniciativas comentadas que poden ser futuros proxectos financiados polo GALP Golfo Ártabro Sur. O traballo conxunto entre as AEDL e o GALP Golfo Ártabro Sur propiciará a posibilidade de fornecer unha oportunidade a todos aqueles que queiran emprender no territorio.

Os concellos do GALP informados dos fondos FEMPA

Imagen
  O GALP Golfo Ártabro Sur está a traballar con cada un dos concellos do territorio para facilitar a posibilidade de solicitude de proxectos. Os concellos do GALP Golfo Ártabro Sur son entidades dinamizadoras que proporcionan ao territorio novos servizos e actividades vencelladas moitas delas co mar. O traballo conxunto das entidades locais co GALP está a permitir establecer as bases dos posibles proxectos financiados mediante os fondos FEMPA que acheguen aos cidadáns e visitantes ao mar, pero sempre dende unha práctica sostible e respectuosa co litoral. O GALP Golfo Ártabro Sur espera conseguir que os proxectos subvencionados sexan tanto ou máis frutíferos que os subvencionados mediante os fondos FEMP no programa pasado. 

Noves proxectos de cooperación entre os GALP galegos

Imagen
  Os GALP galegos reuníronse para sentar as bases dos novos proxectos de cooperación O pasado 17 de xaneiro os xerentes dos GALP galegos tiveron unha reunión para fixar as bases dos novos proxectos de cooperación que se levarán a cabo nos territorios. Moitos son os proxectos de cooperación que se levaron a cabo no programa FEMP, e en multitude deles participou o GALP Golfo Ártabro Sur. Entre eles atopamos: Ruta dos Faros, Pasaporte REMA, Relevo 2020, Mar de Velas, Rimartes, PescaConCiencia, etc. Desta reunión, sacaranse os proxectos que se levarán ás directivas de cada un dos grupos, onde se aprobarán as propostas que sexan máis beneficiosas para o territorio. Pronto teremos as novas propostas para encamiñar esta nova andaina de proxectos de cooperación a través do FEMPA.

O GALP Golfo Ártabro Sur estrea nova imaxe no 2024

Imagen
  O GALP Golfo Ártabro Sur está a traballar na diferenciación e coñecemento da marca que permita chegar a tódolos públicos e conseguir unha mellor dinamización da EDLP. O GALP Golfo Ártabro Sur está a traballar na actualización da súa imaxe corporativa para a publicidade das convocatorias de axudas que permita chegar a tódolos públicos e unha personalidade propia que facilite aos promotores coñecer o grupo. O GALP Golfo Ártabro Sur manterá a súa imaxe corporativa institucional, que diferencia e anua a tódolos GALPs galegos, e a maiores terá unha imaxe propia que permitirá a distinción de cada un dos territorios para a promoción dos fondos segundo as EDLPs.  

O GALP Golfo Ártabro Sur acolleu nas súas instalacións un curso das OPPs do Cantábrico

Imagen
O “Curso de observación electrónica y obligación de desembarque” foi levado a cabo nas instalacións do GALP Golfo Ártabro Sur   O GALP Golfo Ártabro Sur acolleu nas súas instalacións o curso de OPPs del Cantábrico “Observación electrónica y obligación de desembarque”. Esta actividade tivo como anfitriona a ACERGA OPP82 que é unha entidade socia do GALP. Este tipo de cursos instrúen aos pescadores do Golfo Ártabro en procesos de pesca máis selectivos e coidadosos co medioambiente, unha das liñas principais da Estratexia do GALP Golfo Ártabro Sur. Nesta xornada abordáronse as seguintes temáticas: -       Sistemas de monitorización electrónica. Descripción dos equipos e instalación a bordo. -       Traballo e adaptación en distintas flotas. Proxectos desenrolados e adaptación a novos programas. -       Presente e futuro. Novos reglamentos. Adaptación das flotas aos novos requisitos. -       Obriga de desembarque. Ferramentas para o seu cumprimento. -       Análise das imax

Os proxectos presentados no GALP Golfo Ártabro Sur están en xustificación

Imagen
Dende o día 20 de decembro de 2023 tódolos proxectos presentados á convocatoria de axudas do GALP Golfo Ártabro Sur para o 2023 están en proceso de xustificación Esta primeira convocatoria do período FEMPA, foi un grande éxito no territorio do GALP Golfo Ártabro Sur superando o importe de medio millón de euros en solicitude de axudas. Entidades de todo tipo do territorio foron os promotores, e tódolos proxectos aprobados están en marcha. Dende o día 20 de decembro os promotores de proxectos GALP no Golfo Ártabro Sur están en proceso de xustificación. A xunta directiva e o equipo técnico do grupo están a dar prioridade a esta labor para conseguir que os proxectos se executen coa máxima eficiencia e os promotores consigan reciban os seus pagamentos o antes posible para afrontar o reto da anualidade 2024.

O GALP Golfo Ártabro Sur levou a cabo a proposta definitiva da convocatoria 2023

Imagen
  Xa está publicada a proposta definitiva de Xunta Directiva da convocatoria 2023. O GALP Golfo Ártabro Sur foi un dos primeiros grupos galegos en emitir a proposta definitiva dos proxectos da convocatoria do 2023. A pesar da novidade do procedemento e do que isto supón na tramitación das axudas ao abeiro da EDLP do GALP, o bo facer e a coordinación do Equipo Técnico do grupo e a Xunta Directiva, fixo posible que o GALP Golfo Ártabro Sur fora un dos primeiros GALPs de Galicia en presentar a súa proposta da convocatoria 2023. Dende o grupo están moi orgullosos do traballo realizado e dos logro acadados nesta primeira convocatoria, que a pesar de ser moi axustada en tempo, acadou solicitudes de proxectos por máis de medio millón de euros. Nas oficinas do grupo estase a notar que o traballo ben feito da o seu froito, pois cada vez son máis os que coñecen o GALP e están a poñerse en contacto co grupo para a realización de proxecto

A Universidade Laboral de Culleredo visita o GALP Golfo Ártabro Sur

Imagen
  Estudantes da Universidade Laboral de Culleredo visitan o GALP Golfo Ártabro Sur para coñecer as axudas das que poden ser beneficiarios   O venres 24 de novembro, estudantes da Universidade Laboral de Culleredo dos ciclos de: “Navegación e pesca de litoral”, “Mantemento e control de maquinaria en buques e embarcacións” e de “Mantemento de embarcacións deportivas e de recreo”, visitaron as dependencias do GALP Golfo Ártabro Sur onde se lles informou das axudas das que poden ser beneficiarios mediante os fondos FEMPA. O interese dos estudantes foi notable, pois moitos descoñecían a cantidade de axudas que pode optar todo aquel que queira realizar a súa actividade no sector do mar. Nesta anualidade visitaron os estudantes as instalacións, e o ano pasado foi o GALP quen visitou o centro, pois os lazos entre o GALP Golfo Ártabro Sur e a Universidade Laboral de Culleredo estanse a estreitar, para facer de forma asidua estas xuntanza

O GALP Golfo Ártabro Sur recibe proxectos por máis de medio millón de euros

Imagen
  Na primeira convocatoria do FEMPA neste ano 2023 o GALP Golfo Ártabro Sur recibe proxectos por un importe superior a medio millón de euros Esta primeira convocatoria do período FEMPA, foi un grande éxito no territorio do GALP Golfo Ártabro Sur superando o importe de medio millón de euros en solicitude de axudas. Entidades de todo tipo do territorio foron os promotores, que tiveron de prazo para a solicitude das mesmas dende o 27 de setembro ata o 26 de outubro. Este novo período consta cun novo procedemento simplificado, que busca a axilización da tramitación e o aforro enerxético levando o proceso ao 0% de papel. Dende o grupo confiase obter maior éxito, se cabe, na seguinte convocatoria que se espera que abra o prazo de presentación entre os meses de xaneiro ou febreiro.

O GALP Golfo Ártabro Sur participa na presentación da Red Nacional de Grupos de Pesca

Imagen
  O GALP Golfo Ártabro Sur participou o pasado 8 de novembro no taller formativo “Nueva web de la REGP”   A Red Nacional de Grupos de Pesca presentou o día 8 de novembro a súa nova páxina web para o período FEMPA, dando un curso de capacitación para os usuarios GAL na gravación de los proxectos FEMPA. O GALP Golfo Ártabro Sur participou na xornada xunto co resto de GALPs a nivel nacional, sendo de moito interese para o traballo na rede. No mes de decembro haberá unha nova Reunión de Traballo, onde coñeceremos en maior profundidade os traballos que se están a realizar a nivel nacional e o punto onde se atopa o programa FEMPA.

Representantes da Consellería do Mar visitan varios proxectos financiados polo GALP Golfo Ártabro Sur

Imagen
  O Concelleiro Alfonso Villares e a Directora Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro Susana Rodriguez, visitaron varios proxectos promovidos pola Cofradía de Pescadores de Sada e financiados polo GALP Golfo Ártabro Sur O pasado mes de outubro, recibimos en Sada a visita do Conselleiro Alfonso Villares e a Directora Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro Susana Rodriguez a varios proxectos promovidos pola Cofradía de Pescadores de Sada e financiados polo GALP Golfo Ártabro Sur. Neste día visitaron os seguintes tres proxectos: “Instalación de paneis solares na lonxa de Sada”, “Aforro enerxético e redución de impacto ambiental na lonxa de Sada e nave de redes a través da modernización de luminarias e equipos de máis de dez anos de vida útil” e “Instalación dun fabriquín de xeo para a mellora da capacidade” Dende o GALP Golfo Ártabro Sur recíbese con alegría que foran os seus proxectos uns dos elixidos para realizar a visita e agradécese o

O GALP Golfo Ártabro Sur está a recibir multitude de consultas sobre a nova convocatoria de axudas FEMPA

Imagen
O equipo técnico do GALP Golfo Ártabro Sur está a traballar na multitude de peticións de asesoramento que están a recibir para a solicitude de proxectos para as axudas. Nestes días a oficina do GALP Golfo Ártabro Sur está a recibir multitude de posibles promotores, principalmente do sector pesqueiro, pedindo información e asesoramento para a solicitude de axudas ao abeiro da estratexia de desenvolvemento local participativo nos fondos FEMPA. O traballo do GALP nestes anos está a dar o seu froito, pois o grupo está sendo un referente no territorio e a cantidade de posibles promotores aumentou de forma exponencial. Ademais, as enquisas que se están a realizar aos promotores sobre a atención recibida polo equipo técnico do GALP Golfo Ártabro Sur, están revelando resultados moi positivos para o grupo, cun índice de satisfacción moi elevado. Tamén cabe especial mención, que no período FEMP 2014-2020 o GALP Golfo Ártabro Sur foi o único

Xa está aberta a primeira convocatoria de axudas FEMPA no territorio do GALP Golfo Ártabro Sur.

Imagen
Dende o día 27 de setembro e ata o 26 de outubro, xa se poden solicitar as axudas ao abeiro da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo no GALP Golfo Ártabro Sur. Unha vez máis, Galicia é a primeira comunidade autónoma que ten xa seleccionados os grupos, aprobadas as estratexias e lanza as aportacións para a presentación de proxectos ao amparo do Fondo Europeo Marítimo da Pesca e Acuicultura para o período 2021-2027. O GALP Golfo Ártabro Sur, está entre os oito GALP elixidos para este período. Entre todos os GALP engloban a máis de 400 organizacións locais, cerca de un cento delas pertencentes ao sector pesqueiro e que representan a máis de 13.000 profesionais do mar. Deste modo, os potenciais beneficiarios destas axudas (pequenas e medianas empresas e persoas autónomas, así como persoas xurídicas sen ánimo de lucro como as confrarías de pescadores ou outras entidades do sector) poden presentar proxectos ao amparo dos GALP