martes, 20 de septiembre de 2016

A Consellería do Mar selecciona ao GALP GOLFO ÁRTABRO SUR como entidade candidata a Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro 2014-2020 financiado polo Fondo Europeo Marítimo Pesqueiro

O pasado 16 de Setembro a Consellería do Mar resolveu seleccionar ao Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Sur como candidato a Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro 2014-2020 e lle asignou unha cantidade para a realización do Estratexia de Desenvolvemento Participativo.
Resolución

Festival Mar de Mares na Coruña


O Festival Mar de Mares é un encontro cultural, educativo e lúdico de celebración e preservación do mar que, nesta terceira edición, achega unha mirada máis profunda e un compromiso aínda máis forte co mar de Galicia. Despois de dous anos poñendo o foco na beleza e nos problemas dos océanos afastados, Mar de Mares 2016 centra a súa atención nas costas máis próximas coa intención de poñer en valor a súa impresionante paisaxe. Para iso, contamos coa exposición Pel de mar, do premiado fotógrafo galego Xulio Villarino que, por primeira vez, mostra o conxunto da súa obra arredor da paisaxe mariña. Viaxaremos ao fondo das augas con Jorge Candán, que presenta na Coruña o seu documental O legado das rías galegas.

O Festival Mar de Mares volve poñerse en marcha cun programa multidisciplinar de actividades que se celebrará entre o 21 e 25 de setembro, e que se prolongará durante o tempo que as súas exposicións permanezan abertas, que será ata o 27 de novembro.

Máis información Festival Mar de Mares

viernes, 16 de septiembre de 2016

Reunión da Comisión de Contratación do GALP Golfo Ártabro Sur para elaborar e aprobar as bases para contratación da Asistencia Técnica para elaboración da EDLP do GALP GOLFO ÁRTABRO SUR para o período de programación do FEMP 2014-2020

A Comisión de Contratación do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Sur reuniuse para elaborar e aprobar as bases polas que se contratarán a elaboración da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo para o período de Programación do FEMP 2014-2020.
O procedemento de Contratación é Negociado sen Publicidade. Invitáronse a 5 empresas con experiencia na realización de este tipo de traballos.
Máis información no apartado de licitacións.