Festival Mar de Mares na Coruña


O Festival Mar de Mares é un encontro cultural, educativo e lúdico de celebración e preservación do mar que, nesta terceira edición, achega unha mirada máis profunda e un compromiso aínda máis forte co mar de Galicia. Despois de dous anos poñendo o foco na beleza e nos problemas dos océanos afastados, Mar de Mares 2016 centra a súa atención nas costas máis próximas coa intención de poñer en valor a súa impresionante paisaxe. Para iso, contamos coa exposición Pel de mar, do premiado fotógrafo galego Xulio Villarino que, por primeira vez, mostra o conxunto da súa obra arredor da paisaxe mariña. Viaxaremos ao fondo das augas con Jorge Candán, que presenta na Coruña o seu documental O legado das rías galegas.

O Festival Mar de Mares volve poñerse en marcha cun programa multidisciplinar de actividades que se celebrará entre o 21 e 25 de setembro, e que se prolongará durante o tempo que as súas exposicións permanezan abertas, que será ata o 27 de novembro.

Máis información Festival Mar de Mares

Comentarios

Entradas populares de este blog

Aberta a nova convocatoria de axudas 2024

Un estudo ambiental contabiliza en 2.226 a poboación de especies mariñas e terrestes do territorio

Éxito rotundo na convocatoria de axudas 2024