martes, 8 de noviembre de 2016

A Xunta Directiva do GALP Golfo Ártabro Sur invita a tódos os axentes do territorio ás vindeiras Xornadas para Elaboración da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo

Onte na reunión da Xunta Directiva do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Sur, analizou o proceso de candidatura da entidade ao ser Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro 2014-2020, programa financiado polo Fondo Europeo Marítimo Pesqueiro e se deu visto bo o calendario de Actividades para elaboración da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo.

Dende a Xunta Directiva se invita a tódalas entidades, institucións, empresas, e asociacións do territorio interesadas a asistir  á Xornada de  traballo  sobre a Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo que terá lugar o vindeiro Xoves 10 ás 19:00 no Salón de Plenos do Concello de Sada sito na Av. do Porto nº 26 (Antiga Axudantía)





No hay comentarios:

Publicar un comentario