Asino do Convenio de Colaboración entre o GALP Golfo Ártabro Sur e a Consellería do Mar para elaboración da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo do GALP Golfo Ártabro Sur

O Presidente do GALP Golfo Ártabro Sur asinou o Convenio de Colaboración coa Consellería do Mar, polo cal se elaborará a Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo. 

Enmárcase dentro da Candidatura do GALP Golfo Ártabro Sur á Convocatoria da Consellería do Mar dos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro 2014-2020, financiados polo Fondo Europeo de Marítimo e da Pesca (FEMP).

Nos vindeiros días, convocaremos distintas  reunións sectoriais e  talleres abertos para informar e traballar na  Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo do noso territorio que abarca os Concellos de Arteixo, A Coruña, Culleredo, Cambre, Oleiros, Sada e Bergondo.  

A creación de emprego no ámbito costeiro, dentro do sector da pesca e marisqueo, a acuicultura, a transformación e valorización dos produtos do mar, o Desenvolvemento Azul, mediante o I+D+i, a mellora do Medioambiente Litoral e Mariño, a loita contra o cambio clímatico, a eficiciencia enerxética, a recuperación do Patrimonio Cultural Mariñeiro e Costeiro do noso territorio, a valorización do Turismo Mariñeiro, e do Ocio de Litoral, Náutico e Mariño, a Cooperación  e a Mellora da Gobernanza, serán distintas líñas de traballo que se priorizarán nesta Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo, que se executará no período 2017-2020.

A VOSA colaboración e participación nas distintas reunións e actividades que desenvolveremos nas vindeiras semanas será importante  para elaborar a mellor e realista Estratexia para o noso territorio.






Comentarios

Entradas populares de este blog

Aberta a nova convocatoria de axudas 2024

Un estudo ambiental contabiliza en 2.226 a poboación de especies mariñas e terrestes do territorio

Éxito rotundo na convocatoria de axudas 2024