Máis de 300 persoas e entidades participan nas distintas actividades de elaboración da Candidatura e Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo do GALP Golfo Ártabro Sur

O Grupo de Acción de Local do Sector Pesqueiro quere agradecer ás mais das 300 persoas e entidades que participaron nas distintas Xornadas, reunións e mesas de traballo que se están realizando para a presentar a Candidatura e elaborar a Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo "Golfo Ártabro Sur", na súa Candidatura ao Programa dos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro 2014-2020 da Consellería do Mar e financiado pola Medida 3.1.1 do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca.



Lembrar que o vindeiro venres 25 de Novembro 2016, no Salón de Actos da Lonxa de A Coruña, sita no porto de Linares Rivas, S/N, ás 17:00 teremos unha nova mesa de traballo co Sector Pesqueiro do Porto da Coruña e do territorio. Están invitados todas as empresas e entidades que traballan en toda a cadea de producción dende a producción ata comercialización, así como todas entidades do territorio do Galp relacionada con este sector.
Entrada pola entrada de San Diego ao Porto.





Comentarios

Entradas populares de este blog

Aberta a nova convocatoria de axudas 2024

Un estudo ambiental contabiliza en 2.226 a poboación de especies mariñas e terrestes do territorio

Éxito rotundo na convocatoria de axudas 2024