Maña celebrarase a Xornada inicial de elaboración da Estratexia de Desenvolvemento Participativo do GALP Golfo Ártabro Sur

Maña xoves 10 de novembro terá lugar ás 19:00 no Salón de Plenos do Concello de Sada, sito na Av. do Porto Nº 26 (Antiga Axudantía), a Xornada inicial de Elaboración da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP) do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Sur, 
servirá para validar a diagnose e o traballo realizado dende a nosa entidade durante o derradeiro ano. 

Culmina co proceso de preparación e presentación da Candidatura da nosa entidade á Convocatoria da Consellería do Mar aos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiros 2014-2020, financiado pola Medida 4.1.1 do Fondo Europeo Marítimo Pesqueiro, una vez aprobada a candidatura, pasamos a segunda fase, asinando o convenio coa Consellería do Mar para elaborar a EDLP. 

A Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo é o documento director do noso territorio para financiar proxectos en base a un desenvolvemento sustentable, feito de abaixo a arriba e na que as entidades, empresas e asociacións e axentes do terrioterio cooperan para elaborar un documento polo que se poderan financiar proxectos do Sector Pesqueiro, de empresas e entidades do territorio, co fin de  cumprir  uns Obxectivos Xerais e Específicos, en base a unhas liñas de actuación e medidas e cuns indicadores execución medibles que terán que ser avaliados a o longo do período de execución.
Podes baixarte o documento que traballaremos nesta Xornada, Documento inicial
Día: Xoves, 10 de Novembro de 2016
Hora: 19:00
Lugar: Salón de Plenos do Concello de Sada, Edificio da Antigua Axundantia de Sada, sito na Av. Do Porto Nº26.

VEN E PARTICIPA!!!!! VEN E PARTICIPA!!!!!VEN E PARTICIPA!!!!!VEN E PARTICIPA!!!!!




Comentarios

Entradas populares de este blog

Aberta a nova convocatoria de axudas 2024

Un estudo ambiental contabiliza en 2.226 a poboación de especies mariñas e terrestes do territorio

Éxito rotundo na convocatoria de axudas 2024