Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2016

Felices Festas dende o GALP Golfo Ártabro Sur

Imagen

A Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo do Grupo de Acción Local Participativo do Golfo Ártabro Sur foi presentada o pasado 1 de decembro na Consellería do Mar

Imagen
O pasado un de decembro presentamos no rexistro da Consellería do Mar a Estratexia local de desenvolvemento participativo do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Golfo Artabro Sur o documento está na actualidade na Consellería do Mar onde unha comisión avaliadora revisará o documento e o avaliará, e no seu caso asinarase o orzamento que terá o GALP para o vindeiro período 2017-2020.  Estimase que no mes de Xaneiro poderá sair a resolución,

O Galp Golfo Ártabro Sur aproba a súa proposta de estratexia con máis de 150 propostas e 6,5 millóns de euros de inversíon.

Imagen
O Galp Golfo Ártabro Sur aprobou onte en Asemblea Xeral de socios a súa Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo a proposta que se enviará hoxe a Consellería do Mar, enmarcase en seis obxectivos estratéxicos con máis de 150 proposta presentadas. Estes obxectivos Estratéxicos son: 1.Mellora da Competitividade do Sector Pesqueiro... 2.Creación de emprego e oportunidades económicas a través da diversificación da economía local 3.Fomento do aproveitamento  sostible do patrimonio medio ambiental das zonas pesqueiras, incluíndo operacións de mitigación do cambio climático e de transición a unha economía de baixas emisión de carbono 4. Fomento  do benestar social e do patrimonio cultural das zonas pesqueiras 5. Reforzo das comunidades no desenvolvemento local e da gobernanza, dos recursos pesqueiros e actividades marítimas locais 6. Fomento da cooperación A proposta de orzamento para execución da Estratexia para os proxectos productivos e non produtivos é de 4.

A Asemblea do Golfo Ártabro aprobou hoxe a Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo da Candidatura aos GALP´s 2014-2020 financiados polo Fondo Europeo Marítimo e Pesqueiro

Imagen
Hoxe aprobouse pola Asemblea de Socios do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro "Golfo Ártabro Sur" a Estratexia de desenvolvemento Local  Participativo (EDLP), este documento marcará as pautas a seguir para os vindeiros anos.  Baixo lema "vogando hacia noso futuro" o Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro "Golfo Ártabro Sur" conseguíu realizar unha Estratexia na que participaron Confrarías de Pescadores (A Coruña, Mera, Lorbé, Sada ), Asociacións e Fundacións do Sector Pesqueiro, Fundacións, empresas, a universidade, os concellos do ámbito territorial (Arteixo, A Coruña, Culleredo, Cambre, Oleiros, Sada e Bergondo), Asociacións, Fundacións e clubs (de Mulleres,  da diversidade funcional, ambientais, empresariais, culturais, deportivas, etc.), e insticións como a (delegación da Coruña da Conselleria do Mar, Demarcacións de Costas, Capitanía Marítima de Sada), COETICOR, Colexio de Xeografos de Galicia, CEIDA, empresas públicas Edar de Coruñ

Hoxe presentase a aprobación pola Asemblea Xeral de Socios do GALP Golfo Ártabro Sur a Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo.

Imagen
Hoxe ás 18:00 en primeira convocatoria e ás 18:30 en segunda convocatoria no Salón de Actos do Centro A Senra de Bergondo, se presentará a aprobación polos socios do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro "Golfo Ártabro Sur" a Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo, unha vez aprobada ás 19:00 farase a súa presentación Publica. Así porase punto e seguido, xa que se presentará o documento a Consellería do Mar, para que unha vez estudiada, baremada, e asignados os fondo para su concreción, se asine o convenio de colaboración para levar a cabo durante o período 2017-2020. Remata a fase que durante 18 meses e 26 Xornadas,  mesas de traballo, e entrevistas con más 200 axentes dos Sectores da Pesca, do turismo, do asociacionismo e das institucións do territorio, levaron acabo para facer un documento que será o que nos leve ao 2020. O lema "Vogando hacia o noso futuro", serviu para amosar como debe ser o desenrolo da nosa Costeira nos vindeiros anos.