Hoxe presentase a aprobación pola Asemblea Xeral de Socios do GALP Golfo Ártabro Sur a Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo.

Hoxe ás 18:00 en primeira convocatoria e ás 18:30 en segunda convocatoria no Salón de Actos do Centro A Senra de Bergondo, se presentará a aprobación polos socios do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro "Golfo Ártabro Sur" a Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo, unha vez aprobada ás 19:00 farase a súa presentación Publica.

Así porase punto e seguido, xa que se presentará o documento a Consellería do Mar, para que unha vez estudiada, baremada, e asignados os fondo para su concreción, se asine o convenio de colaboración para levar a cabo durante o período 2017-2020.

Remata a fase que durante 18 meses e 26 Xornadas,  mesas de traballo, e entrevistas con más 200 axentes dos Sectores da Pesca, do turismo, do asociacionismo e das institucións do territorio, levaron acabo para facer un documento que será o que nos leve ao 2020.
O lema "Vogando hacia o noso futuro", serviu para amosar como debe ser o desenrolo da nosa Costeira nos vindeiros anos.

A procura dun emprego de calidade, a mellora da cadea producción do sector pesqueiro baseado na innovación e novos servicios a poboación;  O turismo de litoral sostible e a concienciación sobre o cambio clímatico e a necesidade de preservar a calidade de nosas augas e da diversidade de noso entorno natural costeiro e mariño, e recuperar e fornecer a nosa e importante cultura Mariñeira, son os obxectivos para noso territorio, que implementaremos nos vindeiros anos.

Queremos dar as grazas a todas persoas e entidades que nos acompañaron ata gora e invitarlles a proseguir na vindeira singladura. 



Comentarios

Entradas populares de este blog

Aberta a nova convocatoria de axudas 2024

Un estudo ambiental contabiliza en 2.226 a poboación de especies mariñas e terrestes do territorio

Éxito rotundo na convocatoria de axudas 2024