Entradas

Mostrando entradas de enero, 2017

O GALP Golfo Ártabro Sur contará con 4 Millóns de Euros para levar a cabo a súa Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo

Imagen
A Conselleira do Mar, Dna. Rosa Quintana Carballo asinóu a Resolución de Selección do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Sur como novo GALP para o territorio de Arteixo, A Coruña, Culleredo, Cambre, Oleiros, Sada e Bergondo, e recoñecese como entidade colaboradora  condicionado a que se asine o convenio de colaboración segundo a normativa vixente.  Nesta resolución apróbase tamén a Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo que estará dotada para o período 2017-2020 de 4.000.000,00€ dos cales 1.000.000€ estará destinados para custes de funcionamento, difusión e sensibilización. Os 3.000.000€  financiarán proxectos productivos e non productivos, dos 6 obxectivos estratéxicos que ten a EDLP do GALP. 1. Mellora da Competitividade do sector pesqueiro, creación de emprego e atracción de mocidade, en especial a través do aumento do valor engadido dos produtos pesqueiros, da integración vertical, da innovación en todas as fases da cadea de subministro dos p

O vindeiro luns reunirase a comisión avaliadora da Estratexia do GALP Golfo Ártabro Sur

Imagen
Dende a Consellería do Mar informáronnos que o vindeiro luns día 30 de xaneiro de 2017 reunirase a Comisión que avaliará a Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo do GALP Golfo Ártabro Sur.  A Estratexia Local de Desenvolvemento Participativo foi presentada o pasado decembro de 2016. Unha vez avaliada a estratexia  espérase que nos vindeiros días saía a Resolución de Aprobación da mesma, así coma o orzamento para o Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Sur terá para a súa execución.  Para elo asinarase un convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e o Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Sur. Neste período de preparación da nova estratexia participaron máis de 200 persoas de entidades de todos os sectores do noso territorio.

O Club Regatas Salgado Perillo novo socio do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Sur

Imagen
A Xunta Directiva do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro aprobou onte a solicitude de adhesión do Club de Regatas Salgado Perilllo como novo socio que se incorporará a mesa do sector social da nosa entidade.    O Club de Regatas Salgado Perillo xunto co Centro Mariñeiro Deportivo Mariñeiro de Mera e Club Náutico Deportivo da Coruña, son as entidades deportivas náuticas actualmente asociadas a noso GALP. A participación destas entidades abre a posibilidade a promoción do deporte náutico, as actividades vencelladas á promoción do noso patrimonio mariñeiro, e natural do no noso territorio.