O vindeiro mércores día 1 de marzo remata o prazo para presentación de solicitudes de proxectos ao abeiro do Plan Estratéxico do GALP Golfo Ártabro Sur. INFORMATE!!!!!

Este mércores 1 de marzo remata o prazo para presentación de Solicitudes de axudas ao abeiro da Estratexia do GALP Golfo Ártabro Sur. Ven a Informarte!!!! Voga con Nos!!! Reserva o teu Futuro!!!

PROXECTOS LOCALIZADOS NO AMBITO TERRITORIAL:
Arteixo, A Coruña, Culleredo, Cambre, Oleiros, Sada e Bergondo
*Excepcións: no Concello de A Coruña, por ser un municipio densamente poboado non computa a totalidade da poboación (só a integrante do sector pesqueiro e as súas familias), polo que só poderán ser beneficiarios de axudas:
- As persoas xurídicas e as persoas físicas integrantes do sector pesqueiro e as súas familias

TIPOLOXÍA DE PROXECTOS:

- PROXECTOS PARA INVESTIMENTO PRODUTIVO: Actividades que supoñen a realización dunha actividade económica, tendentes á produción de bens ou servizos e que supoñen unha creación e/ou mantemento de emprego.
- PROXECTOS PARA INVESTIMENTO NON PRODUTIVO: Os que non supoñan o inicio ou desenvolvemento dunha actividade económica. Así mesmo, terán este carácter os proxectos de interese público que, mesmo constituíndo unha actividade económica ou estando afectados a unha actividade económica, non incidan sobre o réxime de competencia no territorio de que se trate.

REQUISITOS:
§ Contribuír aos obxectivos da Estratexia de desenvolvemento local participativo do Galp Golfo Ártabro Sur.
§ Estar localizados no ámbito territorial elixible do Galp Golfo Ártabro Sur.
·         Ser viables técnica e economicamente.
§ Axustarse á normativa sectorial (comunitaria, estatal e autonómica) que resulte de aplicación para cada tipo de proxecto.

BENEFICIARIOS
Proxectos produtivos: Persoas físicas ou xurídicas que cumpran requisitos sinalados na Orde de axudas (DOG nº 109 de 9 de xuño de 2016).
Proxectos non produtivos:
a) Confrarías de Pescadores e as súas federacións
b) Asociacións profesionais do sector pesqueiro e as súas federacións
c) Entidades sen ánimo de lucro integradas só por confrarías de pescadores e/ou asociacións do sector pesqueiro
d) Entidades públicas locais
e) Asociacións declaradas de utilidade pública
f) Entidades sen ánimo de lucro que teñan entre os seus obxectivos, algún dos seguintes:
o   Fomentar as actividades náuticas.
o   Promocionar os produtos pesqueiros do territorio.
o   Fomentar o ambiente mariño e costeiro.
o   Promover o patrimonio cultural marítimo pesqueiro.
SOLICITUDES E DOCUMENTACIÓN:
- Modelo Normalizado de solicitude de axuda: ANEXO I

Con carácter xeral, xunto coa solicitude deberá achegarse a seguinte documentación, acompañada dun índice e ordenada segundo se indica a continuación:

a) Acreditación da personalidade:
1. Persoa física
Ø  Copia cotexada do DNI da persoa solicitante.
Ø  Certificado de empadroamento da persoa solicitante.
2. Persoa xurídica

Ø  Copia cotexada NIF entidade solicitante
Ø  Copia cotexada DNI da persoa representante
Ø  Certificación do órgano competente na cal se especifique o acordo polo que se lle concede autorización para facer a solicitude ao asinante dela.
Ø  Certificación do órgano competente na cal se acredite o desempeño actual do cargo.
Ø  Copia compulsada da escritura de constitución ou dos estatutos da entidade debidamente inscritos no rexistro, segundo o caso correspondente.
* Quedan exoneradas do cumprimento deste requisito as confrarías de pescadores e as súas federacións.
b) Proxecto para o cal se solicita a subvención
Ø  Memoria e orzamento que conteña unha descrición do proxecto conforme os modelos que figuran na páxina web da Consellería do Mar (produtivos, produtivos Conxuntos ou de Cooperación, produtivos de Turismo, non produtivos, non produtivos Conxuntos ou de Cooperación) :
Ø  No orzamento detallado de cada un das accións propostas, o IVE deberá vir separado e acompañarase da documentación xustificativa os custos incluidos (orzamentos, contratos, facturas pro-forma....)
Ø  Tres ofertas de distintos provedores, para a contratación do compromiso para a obra, a prestación do servizo ou a entrega do ben, salvo que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que as realicen, presten ou subministren.
c) Acreditación do IVE soportado non recuperable polo promotor, se é o caso

d) Proxecto técnico de execución, se é necesario. En actuacións sobre inmobles presentarase un proxecto básico ou un anteproxecto valorado que permita unha definición exacta da intervención que se vai realizar e o seu custo.

e) Acreditación da capacidade legal do uso e desfrute ou propiedade dos bens relacionados co proxecto. A acreditación deberá realizarse mediante escritura pública de compra-venda ou certificado do rexistro da propiedade, ou mediante cesión en escritura pública ou contrato de aluguer por un período mínimo de 10 anos.

f) Para acreditar a condición de familiar (segundo artigo 6.C. da Orde de Axudas) deberase presentar a seguinte documentación.
Ø  Libros de familia nos que figuren todos os membros da unidade familiar e/ou documentación acreditativa do parentesco.
Ø  Documentación que acredite a condición de pescador/a, mariscador/a, acuicultor/a ou traballador/a do sector pesqueiro, dun membro da unidade familiar.
Ø  Informe de vida laboral da persoa a que se refire o punto anterior.
g) Outra documentación que sexa necesaria ou adecuada para a correcta valoración do proxecto presentado.

h) Se se trata tamén dun INVESTIMENTO PRODUTIVO tamén terá que presentar:

Ø  Último recibo pagado do imposto de actividades económicas (IAE) ou certificado da exención, no caso de empresarios individuais. No caso de inicio de actividade empresarial, será suficiente o compromiso de darse de alta no IAE.
i) Certificacións acreditativas de estar ao corrente no pagamento das súas obrigas tributarias co Estado, coa Comunidade Autónoma e coa Seguridade Social.

NORMATIVA E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA CONSULTA:




Comentarios

Entradas populares de este blog

Aberta a nova convocatoria de axudas 2024

Un estudo ambiental contabiliza en 2.226 a poboación de especies mariñas e terrestes do territorio

Éxito rotundo na convocatoria de axudas 2024