Xornadas de Difusión da EDLP do GALP Golfo Ártabro Sur e das Axudas o seu abeiro



O pasado Luns 13 de Febreiro de 2017, o Presidente do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Sur, D. Andrés García Boutureira asinóu o Convenio de Colaboración coa Conselleira do Mar, Dna. Rosa Quintana Carballo,  para a aplicación da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP) no marco do Desenvolvemento Sostible das Zonas de Pesca do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP)2014-2020.

Este convenio ten un orzamento de 4.000.000,00€ para o período de 2017 – 2020.
Para proxectos productivos e non produtivos para o ano 2017, hai 750.000,00€ o 65% para proxectos productivos (empresariais) e 35% para proxectos non produtivo.

Ante a proximidade da Convocatoría para presentación de proxectos ao abeiro deste convenio que remata o vindeiro 1 de marzo (incluído), o GALP preparou unha seríe de xornadas informativas ao longo do territorio. 


Estas xornadas son abertas ao público e enfócanse a todas as persoas, institucións, entidades e colectivos sociais dos concellos do GALP, as cales poden ser beneficiarias do programa de axudas (persoas físicas, entidades e asociacións do sector pesqueiro, asociacións de empresarios, comerciantes, hostaleiros, asociación culturais, medioambientalistas, etc.; persoas emprendedoras, ou con idea de promover proxectos de carácter social ou empresarial, etc.).

Nas xornadas explicarase a EDLP e aclararanse todas as dúbidas relativas ao programa de axudas que xestiona o Grupo.

As xornadas terán unha duración estimada de 1 hora e media.
A orde do día será:
Tempo
Acción
Media hora antes do evento
Recepción e inscrición de persoas asistentes
10 minutos (inicio de evento)
Presentación das xornadas
20 minutos
Presentación gráfica da EDLP
10 minutos
Presentación de experiencias
45 minutos
Charla coloquio
5 minutos
Avaliación da xornada e peche

Tamén xuntamos enlaces para Estratexia, procedementos, modelos de memoria:
 






Comentarios

Entradas populares de este blog

Aberta a nova convocatoria de axudas 2024

Un estudo ambiental contabiliza en 2.226 a poboación de especies mariñas e terrestes do territorio

Éxito rotundo na convocatoria de axudas 2024