Entradas

Mostrando entradas de abril, 2018

XORNADA FORMATIVA SOBRE PATRIMONIO SOMERXIDO E COSTEIRO ASOCIADO PARA OS SOCIO DO GALP GOLFO ÁRTABRO SUR

Imagen
Onte pola tarde despois da Asemblea Xeral de Socios do GALP Golfo Ártabro Sur, o GALP Golfo Ártabro Sur realizou unha Xornada Formativa para o os socios sobre patrimonio somerxido e costeiro asociado, as ponencias foron realizadas por Miguel San Claudio, Doutor en ciencias da antiguidade e Javier Rodríguez - Losada, da entidade Tesouros de Galicia. Nestas sesións deuse a coñecer o potencial deste patrimonio no noso territorio e as posibilidade de darllo a coñecer a poboación, así como xerar novas iniciativas que seren novos nichos de emprego no territorio. E a creación de novos negocios relacionados coa valorización destes recurso únicos. En base a creación dun Itenerario Europeo, que teña por obxecto por en valor todo este patrimonio sumerxido e costeiro asociado, que se pode perder, se non se coida.

O GALP Golfo Ártabro Sur levará a pleno os orzamentos e a proposta de actividades de 2018

O GALP Golfo Ártabro Sur celebrará mañá, venres 27 de abril ás 18.00 en primeira convocatoria e ás 18.30 horas en segunda, a reunión ordinaria da Asemblea Xeral de Socios no salón de plenos do Concello de Sada.   A orde do día inclúe, entre outros, a aprobación da acta da asemblea do 2017, o informe de presidencia, a memoria económica e de actividades do pasado ano e, por último, os orzamentos, a proposta de actividades, e os proxectos de cooperación e subvencións do 2018. Unha vez rematada a asemblea, haberá unha acción formativa, ás 19.00 horas, sobre cooperación en base ao patrimonio cultural marítimo e subacuático nas costas do Golfo Ártabro , así como nas oportunidades de dinamización económica a través do patrimonio somerxido e costeiro asociado.

Xornada de Emprendemento en Turismo Mariñeiro en Vigo

O vindeiro venres, 4 de maio, o  Salón de Actos da Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Vigo acollerá unha xornada técnica de emprendemento en turismo mariñeiro. Este evento é a primeira fase do proxecto 'Mar das Illas Atlánticas' promovido polos tres Grupos de Acción Local Pesqueira de Pontevedra: GALP Ría de Pontevedra, GALP Ría de Arousa e GALP Ría de Vigo - A Guarda. Segundo destacan na súa memoria, este proxecto consiste en 'promover a actividade do turismo mariñeiro entre o colectivo de mariñeiros e seus familiares nas Rías Baixas de Galicia, especialmente no ámbito do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia a través da información e asistencia ao desenvolvemento de ditas actividades e formación como intérpretes do patrimonio marítimo‐costeiro facendo fincapé no Parque Nacional de forma que ao mesmo tempo se lles ensine a forma de amosar aos visitantes o patrimonio natural do Parque'. Nesta primeira sesi

A Ruta dos Faros estrea nova app cunha función que indica os mellores lugares para as selfies

Imagen
A nova aplicación móbil da Ruta dos Faros xa está dispoñible na Play Store . Esta ferramenta converterase, sen lugar a dúbidas, na compañeira de viaxes ideal, ofrecendo un plano detallado da ruta e listaxes das actividades, empresas, camiños, praias, portos, restaurantes e aloxamentos que os viaxeiros se encontrar ao longo do percorrido. Con todo, unha das súas funcionalidades máis orixinais é o Top 100 Selfies , coa que os aventureiros poderán autofotografarse nos mellores enclaves e ter así un recordo inesquecible desta experiencia. 

Roteiro guiado por Bergondo

Imagen
O Concello de Bergondo e a Asociación ELAS organizan para o día 5 de maio un roteiro guiado titulado 'Banzos de mulleres'. Os participantes realizarán varias paradas representativas por lugares do municipio visibilizando ás mulleres bergondesas en diferentes ámbitos: cultura, emprego, deporte, política, literatura... A guía será Mercedes Queixas e a ruta comezará ás 10 horas, momento no que o autobús sairá da Senra. Ao remate do camiño e volta ao edificio realizarse unha degustación de produtos interculturais. O prazo para anotarse estará aberto do 16 ao 27 de abril e a inscrición debe formalizarse no Departamento de Servizos Sociais do Concello de Bergondo.

Xornadas sobre turismo sostible en Sada

Imagen
Este luns, 16 de abril, e o martes, 17 de abril, a Casa da Cultura Pintor Lloréns de Sada acollerá a xornada 'Conferencia de Turismo Sostible na Reserva de Biosfera', organizada pola Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo e na que participará activamente o GALP Golfo Ártabro Sur a través dunha ponencia do xerente, Federico López Viñas. O obxectivo deste evento é difundir e transmitir coñecementos sobre o ecoturismo, un modelo de turismo sustentable e respectuoso co medio ambiente que pon en valor e interconecta os produtos gastronómicos de excelencia, o patrimonio e a etnografía, fortalecendo o emprendemento verde no territorio.  A quenda do GALP Golfo Ártabro Sur será o martes 17, a partir das 12:30 horas, e Federico López Viñas será o encargado de explicar as posibilidades e as expectativas de futuro que rodean ao turismo mariñeiro, que presenta grandes oportunidades en materia de ocio e emprendemento. Ademais haberá un amplo número

Un equipo feminino de remo que conquista os sete mares

Imagen
A traiñeira feminina do Club de Regatas de Perillo , a única no territorio do GALP –A Coruña, Arteixo, Culleredo, Cambre, Oleiros, Sada e Bergondo- rozou hai dúas semanas o podio na regata que se levou a cabo na Ría de Bilbao , con saída e chegada a Deusto. Así, o equipo, a pesares de remar cos mellores clubs do País Vasco, alcanzou o cuarto posto na competición. O grupo está conformado por mozas e veteranas remeiras do Golfo Ártabro Sur. 

Oportunidades relacionadas con el mar y el litoral en la Reserva de Biosfera

Imagen
José Garrote, secretario do Galp, explicará mañá, xoves 5 de abril, as oportunidades relacionadas co mar e co litoral que se presentan na Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. Será nunha xornada titulada   ‘Reservas de Biosfera, Retos e Oportunidades máis alá da conservación’  que se celebrará en Betanzos e que servirá para analizar as liñas de traballo da Reserva. O acto celebrarase no Salón Azul do Edificio Liceo a partir das 19:30 horas e, a través de diferentes intervencións, expoñeranse as oportunidades para a Reserva de  Biosfera  MCeTM máis aló da conservación do territorio, apostando polo turismo ou a educación ambiental e centrándose na investigación e a innovación. A presentación correrá a cargo do presidente da Reserva de  Biosfera  MCeTM, José Antonio Santiso Miramontes, e do alcalde do  Concello de Betanzos, Ramón García Vázquez. Entre os relatores estarán, entre outros, o director do  CEIDA, Carlos Vales; o responsable do C