Desactivar para: gallego Coñece a Ruta dos Faros desde o teu ordenador

A Ruta dos Faros de Galicia, un proxecto dos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) de Galicia e da marca turística MarGalaica, conta cun itinerario de 1.175 kilómetros. Todo este traxecto está perfectamente explicado na rede, onde o proxecto conta con fiestras nos diferentes formatos: web, blog e redes sociais.

A web, https://rutadosfaros.gal/, é un espazo moderno, visual e intuitivo, onde poderás atopar o plano da ruta e diferentes clasificacións das mellores rutas e 'selfies'. Ademais, na páxina poderás atopar un blog onde se explicarán temas relacionados coa ruta e cos lugares ou puntos que atoparás ao seu paso.

Por outra banda, tamén existe unha páxina de fans oficial da Ruta dos Faros de Galicia (@RutaFarosGalicia), na que poderás atopar información de actualidade relacionada co itinerario e coa súa contorna, ademais de interaccionar cos xestores do sitio para consultar calquera dúbida.

Bótalles unha ollada!

Comentarios

Entradas populares de este blog

Aberta a nova convocatoria de axudas 2024

Un estudo ambiental contabiliza en 2.226 a poboación de especies mariñas e terrestes do territorio

Éxito rotundo na convocatoria de axudas 2024