A MAR DE MULLERES


Hoxe en Marín se presenta o Proxecto Candieira, ten por obxecto a creación dunha Rede de apoio e promoción das mulleres do mar en Galiciar.

Rede de apoio e promoción das mulleres do mar en Galicia».
O Galp Golfo Ártabro Sur, colabora co proxecto difundindo ás suas actividades.
Candieira é un proxecto de cooperación entre os Grupos de Acción
Local do Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Norte, Costa da Morte,
Seo de Fisterra Ría de Muros Noia Costa Sostible, Ría de Arousa, Ría de Vigo
A Guarda e Ría de Pontevedra, actuando este último como coordinador
do proxecto. O seu principal obxectivo consiste en reforzar a gobernanza
e o empoderamento das mulleres do mar nas diferentes zonas costeiras.
Poñendo en marcha actividades dinamizadoras e innovadoras
tentaremos mellorar a situación das mulleres do mar,
favorecendo a igualdade de oportunidades, a mellora laboral e
profesional, e a xeración de redes de traballo compartido.
Gustaríanos poder contar coa súa presenza na xornada de
presentación do proxecto, que se celebrará o hoxe martes
6 de xuño no Museo Municipal Manuel Torres, Avenida de
Ourense 3, en Marín (Pontevedra), a partir das 18:30 horas.



+

Nesta páxina incluirase información para as mulleres do noso territorio, sobre as asociación existentes no noso territorio, e  en especial as relacionadas co mar, así como proxectos que teñan como obxectivo o empoderamento das mulleres, a súa formación, a súa organización, e a súa visibilización no mundo do mar e outros afíns.

O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro "Golfo Ártabro Sur" participa como Socio Colaborador nun Proxecto de Cooperación Interterritorial con 6 GALPS´s de Galicia para promover unha Rede de Apoio das Mulleres do Mar de Galicia "O Proxecto Candieira". Foi presentado na Convocatoria de proxectos de Cooperación que rematou o 31 de Xaneiro de 2017 da Consellería do Mar.
Este proxecto ten por obxectivo o empoderamento das mulleres do mar, así como dar ferramentas prácticas para promover e realizar proxectos empresariais que poidan ser financiado ao abeiro das estratexias dos GALP´s e traballar para constitución dunha Rede de Apoio das Mulleres do Mar, en base aos intereses colectivos das emprendedoras e as órganizacións de mulleres dos territorios dos GALP´s, a través da colaboración e o coñemento.
Entre os compromisos de colaboración está en adherirse ao proxecto nunha futura convocatoria destes proxectos.


 Mulleres Redeiras do Porto de Lorbé
O Galp unha vez constituído promoverá a constitución dunha asociación que promova a participación das mulleres do Sector Pesqueiro do Noso territorio.


Proxecto da Federación Galega de Confrarías "Amar o mar"


A Federación Galega de Confrarías de Pescadores elaborou o proxecto “AMAR o MAR” que consiste na realización dunha serie de accións para reforzar o papel da muller nestas organizacións pesqueiras, mellorar as súas habilidades directivas, compartir e divulgar a súas experiencias vitais…, para dar unha maior visibilidade á importancia que a muller ten no sector pesqueiro de Galicia.
O principal obxectivo é o de ofrecer accións deseñadas expresamente para as 4.500 mulleres afiliadas actualmente ás confrarías de pescadores de Galicia, nas que unhas 150 son empresarias titulares de embarcacións e o resto son traballadoras autónomas.
É importante destacar a presenza de 31 mulleres na xunta xeral da Federación Galega (un 24,60%) como máximo órgano de representación destas entidades, a través do/a patrón/a maior e o seu vicepatrón/a primeiro/a de cada confraría:
    > 15.498 afiliados totais, de eles 4.496 mulleres (29,01%)
    > 239 mulleres nos órganos de goberno das confrarías, que representan un 22,93% do total de posibles vocais:
        • 14 patroas maiores (22,22%)
        • 17 vice 1ª (26,98%) e 9 vice 2ª
        • 78 mulleres vocais nos cabidos (15,54%)
        • 121 só vocais nas xuntas
Enlace á páxina do proxecto aquí

 Red Española das Mulleres da Pesca, é unha organización de carácter estatal, promovida polo Ministerio de Agricultural, Alimentación e Medio Ambiente, a través da Secretaria Xeral da Pesca, co obxectivo de impulsar o papel da muller no sector pesqueiro, así como o asociacionismo, a comunicación e o intercambio de iniciativas e mellores prácticas entre as mulleres que traballan o desexan traballar no ámbito da pesca, en calquera das súas áreas.
O obxectivo da Rede é aportar visibilidade e reforzo á labor que realizan tanto os diferentes colectivos de mulleres do sector como as organizacións adicadas a promover a igualdade de oportunidades neste ámbito de actividade.
Máis información aquí



Comentarios

Entradas populares de este blog

Aberta a nova convocatoria de axudas 2024

Un estudo ambiental contabiliza en 2.226 a poboación de especies mariñas e terrestes do territorio

Éxito rotundo na convocatoria de axudas 2024