ACTIVIDADE DIFUSIÓN


Nesta páxina informaremos de todas as actividades de difusión e sensibilización para promoción da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativa e do programa de axudas que a financian.

Xornadas informativas sobre as axudas a proxectos


O Multiusos de Bergondo acolle esta tarde a primeira xornada informativa que organiza o grupo de acción local do sector pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro Sur.

Durante esta semana celebraranse nos diferentes concellos do ámbito territorial deste GALP -Cambre, Culleredo, Sada, Arteixo, A Coruña e Oleiros- encontros dirixidos ás persoas e entidades interesadas en poñer en marcha un proxecto en sintonía coa Estratexia de desenvolvemento local participativa do grupo, que busca mellorar a competitividade e impulsar o emprego entre o sector marítimo-pesqueiro da zona e establecer sinerxías co sector turístico.

Existen varias liñas de proxectos subvencionables, e precisamente estas xornadas están enfocadas a explicar polo miúdo os requisitos que deben cumprir para optar ás axudas do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca. A convocatoria máis próxima pecha o prazo de presentación de proxectos o 1 de marzo, pero nos vindeiros meses abriranse novos prazos.

Diversificar a economía local, fomentar o aproveitamento do patrimonio ambiental e cultural desde a sostibilidade ou impulsar o benestar social son algúns dos obxectivos que recolle o documento da Estratexia de desenvolvemento local participativo, aprobada a finais de 2016.

Hai dispoñible un orzamento total tres millóns de euros para os proxectos produtivos -que supoñan realizar unha actividade económica e a creación ou o mantemento do emprego- e non produtivos -que non supoñan o inicio do desenvolvemento dunha actividade económica- que se poñan en marcha durante o período 2014-2020 nesta área costeira.

Mañá continuarán as xornadas, que levan por título “Reserva de futuro. Estratexia de desenvolvemento local participativo”, ás 12:00 en Cambre (centro sociocultural do Graxal) e ás 18:00 en Culleredo (edificio de servizos múltiples do Burgo). Continuarán, ata o venres, en Sada, Arteixo, A Coruña e Oleiros.

Xornadas informativas para informar das axudas a proxectos


O obxectivo dos encontros é facilitar información e resolver dúbidas ás persoas e entidades que queiran optar ao financiamento de proxectos que impulsen, desde a sostibilidade, a zona de influencia do GALP Golfo Ártabro Sur

O Multiusos de Bergondo acolle esta tarde a primeira xornada informativa que organiza o grupo de acción local do sector pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro Sur. Durante esta semana celebraranse nos diferentes concellos do ámbito territorial deste GALP -Cambre, Culleredo, Sada, Arteixo, A Coruña e Oleiros- encontros dirixidos ás persoas e entidades interesadas en poñer en marcha un proxecto en sintonía coa Estratexia de desenvolvemento local participativa do grupo, que busca mellorar a competitividade e impulsar o emprego entre o sector marítimo-pesqueiro da zona e establecer sinerxías co sector turístico .

Existen varias liñas de proxectos subvencionables, e precisamente estas xornadas están enfocadas a explicar polo miúdo os requisitos que deben cumprir para optar ás axudas do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca. A convocatoria máis próxima pecha o prazo de presentación de proxectos o 1 de marzo, pero nos vindeiros meses abriranse novos prazos.

Diversificar a economía local, fomentar o aproveitamento do patrimonio ambiental e cultural desde a sostibilidade ou impulsar o benestar social son algúns dos obxectivos que recolle o documento da Estratexia de desenvolvemento local participativo, aprobada a finais de 2016. Hai un orzamento total tres millóns de euros para os proxectos produtivos -que supoñan realizar unha actividade económica e a creación ou o mantemento do emprego- e non produtivos -que non supoñan o inicio do desenvolvemento dunha actividade económica- que se poñan en marcha durante o período 2014-2020 nesta área costeira.

Mañá continuarán as xornadas, que levan por título “Reserva de futuro. Estratexia de desenvolvemento local participativo”, ás 12:00 en Cambre (centro sociocultural do Graxal) e ás 18:00 en Culleredo (edificio de servizos múltiples do Burgo). Continuarán, ata o venres, en Sada, Arteixo, A Coruña e Oleiros.

Xornadas de Difusión da EDLP do GALP Golfo Ártabro Sur e das Axudas o seu abeiro



O pasado Luns 13 de Febreiro de 2017, o Presidente do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Sur, D. Andrés García Boutureira asinóu o Convenio de Colaboración coa Conselleira do Mar, Dna. Rosa Quintana Carballo,  para a aplicación da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP) no marco do Desenvolvemento Sostible das Zonas de Pesca do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP)2014-2020.
Este convenio ten un orzamento de 4.000.000,00€ para o período de 2017 – 2020.
Para proxectos productivos e non produtivos para o ano 2017, hai 750.000,00€ o 65% para proxectos productivos (empresariais) e 35% para proxectos non produtivo.
Ante a proximidade da Convocatoría para presentación de proxectos ao abeiro deste convenio que remata o vindeiro 1 de marzo (incluído), o GALP preparou unha seríe de xornadas informativas ao longo do territorio. 
Estas xornadas son abertas ao público e enfócanse a todas as persoas, institucións, entidades e colectivos sociais dos concellos do GALP, as cales poden ser beneficiarias do programa de axudas (persoas físicas, entidades e asociacións do sector pesqueiro, asociacións de empresarios, comerciantes, hostaleiros, asociación culturais, medioambientalistas, etc.; persoas emprendedoras, ou con idea de promover proxectos de carácter social ou empresarial, etc.).
Nas xornadas explicarase a EDLP e aclararanse todas as dúbidas relativas ao programa de axudas que xestiona o Grupo.
As xornadas terán unha duración estimada de 1 hora e media.
A orde do día será:
Tempo
Acción
Media hora antes do evento
Recepción e inscrición de persoas asistentes
10 minutos (inicio de evento)
Presentación das xornadas
20 minutos
Presentación gráfica da EDLP
10 minutos
Presentación de experiencias
45 minutos
Charla coloquio
5 minutos
Avaliación da xornada e peche
Tamén xuntamos enlaces para Estratexia, procedementos, modelos de memoria:
 






Comentarios

Entradas populares de este blog

Aberta a nova convocatoria de axudas 2024

Un estudo ambiental contabiliza en 2.226 a poboación de especies mariñas e terrestes do territorio

Éxito rotundo na convocatoria de axudas 2024