ELABORACIÓN ESTRATEXIA GALP 2016-2020


Acceso a Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo do GALP Golfo Ártabro Sur

Acceso á Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo do GALP Golfo Ártabro Sur  Aquí

Nos vindeiros días o Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Sur asinará o convenio de Colaboración coa Consellería do Mar para Xestionar o programa de axudas ao abeiro da Estratexia de desenvolvemento Local Participativo.

 

 O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro asinará o Convenio de colaboración para a xestión do programa ao abeiro da Estratexia de Desenvolvemento Local participativo coa Consellería do Mar, este programa financiado polo Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (85%) e con Fondos Estatais (15%), contará con 4.000.000 € para o período de 2017-2020. Este diñeiro se rapartirá para proxectos 3.000.000€, un 65% para proxectos produtivos empresariais e un 35% para proxectos non produtivos, para xestión do programa pola entidade terá 1.000.000€ para custes de persoal, de xestión, e para realizar distintas accións de difusión e sensibilización no territorio. 
O Presidente do GALP Golfo Ártabro Sur, D. Andrés García Boutureira e a Conselleira do Mar  Dna. Rosa Carballo Quintana reuniranse nos vindeiros días para o asino de dito Convenio.

 

O GALP Golfo Ártabro Sur contará con 4 Millóns de Euros para levar a cabo a súa Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo

A Conselleira do Mar, Dna. Rosa Quintana Carballo asinóu a Resolución de Selección do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Sur como novo GALP para o territorio de Arteixo, A Coruña, Culleredo, Cambre, Oleiros, Sada e Bergondo, e recoñecese como entidade colaboradora  condicionado a que se asine o convenio de colaboración segundo a normativa vixente. 

Nesta resolución apróbase tamén a Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo que estará dotada para o período 2017-2020 de 4.000.000,00€ dos cales 1.000.000€ estará destinados para custes de funcionamento, difusión e sensibilización. Os 3.000.000€  financiarán proxectos productivos e non productivos, dos 6 obxectivos estratéxicos que ten a EDLP do GALP.
1. Mellora da Competitividade do sector pesqueiro, creación de emprego e atracción de mocidade, en especial a través do aumento do valor engadido dos produtos pesqueiros, da integración vertical, da innovación en todas as fases da cadea de subministro dos produtos pesqueiros; e garantir unha actividade sostible promovendo o uso eficiente dos recursos biolóxicos mariños.
2. Creación de emprego e oportunidades económicas a través da diversificación da economía local das zonas pesqueiras cara a novas actividades económicas, entre elas as que ofrece o crecemento azul e os sectores marítimos en senso amplo, favorecendo a formación, a innovación e o fomento do emprego.
3. Fomento do aproveitamento sostible do patrimonio medio ambiental das zonas pesqueiras, incluíndo operacións de mitigación do cambio climático e de transición a unha economía de baixas emisións de carbano.
4. Fomento do benestar social e do patrimonio cultural das zonas pesqueiras.
5. Reforzo das comunidades no desenvolvemento local  e da gobernanza, dos recursos pesqueiros e actividades marítimas locais.
6. Fomento da cooperación.
Resolución ver aquí


 

 

 

Proposta da Estratexia Local de Desenvolvemento Local Participativo

EDLP aqui

 

 

 

 

O Galp Golfo Ártabro Sur aproba a súa proposta de estratexia con máis de 150 propostas e 6,5 millóns de euros de inversíon.

O Galp Golfo Ártabro Sur aprobou onte en Asemblea Xeral de socios a súa Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo a proposta que se enviará hoxe a Consellería do Mar, enmarcase en seis obxectivos estratéxicos con máis de 150 proposta presentadas.
Estes obxectivos Estratéxicos son:
1.Mellora da Competitividade do Sector Pesqueiro...
2.Creación de emprego e oportunidades económicas a través da diversificación da economía local
3.Fomento do aproveitamento  sostible do patrimonio medio ambiental das zonas pesqueiras, incluíndo operacións de mitigación do cambio climático e de transición a unha economía de baixas emisión de carbono
4. Fomento  do benestar social e do patrimonio cultural das zonas pesqueiras
5. Reforzo das comunidades no desenvolvemento local e da gobernanza, dos recursos pesqueiros e actividades marítimas locais
6. Fomento da cooperación
A proposta de orzamento para execución da Estratexia para os proxectos productivos e non produtivos é de 4.875.000€ e de 1.625.000€ para a Xestión, Difusión e Sensibilización do Programa, para o período 2017-2020. 
DOCUMENTO PRESENTACIÓN  aquí
Entre as liñas actuacións aprobadas destacan respecto ao sector pesqueiro: as de incrementar o valor engadidos dos produtos do mar, promover o consumo responsable e de base local sostible, mellorar as condicións de traballo, profesionalidade, e cualificación do sector pesqueiro, o recoñecemento social, igualdade e empoderamento do Sector Pesqueiro.
As liñas sobre diversificación  da economía local, crear un destino de referencia a nivel ambiental, paisaxístico e mariñeiro, dentro do destino Rías Altas. Desenvolver un produto turístico diferenciado e competitivo, accesible,  inclusivo e sostible, cun fomento do turismo mariñeiro no territorio do Galp. 
Teñen importancia a medidas de preservación do medio natural e favorecemento da biodiversidade, no medio costeiro e litoral e mariño, así como a reducción da pegada de carbono e a eficiencia enerxética, e reducción da basura mariña. 
A recuperación e valorización da Cultura Mariñeira e dos oficios tradicionais ligados ao mar como elemento diferenciador de noso territorio, es outra das liñas de traballo na EDLP, por en valor elementos patrimoniais co obxecto de utilizalos para promover a cultura mariñeira de noso litoral, así como todos aqueles elementos mateiriais e inmateriales para evitar a súa perda.
A mellora da gobernanza no territorio a traves da colaboración e a intermediación coas institucións e do coñecemento da estratexia do noso territorio.
O fomento da cooperación a nivel de noso terriorio, e con outros territorios que serva para promover novos proxectos.

Este documento se enviará hoxe a Consellería do Mar, onde seguirá o proceso reglamentado para súa aprobación e designación dos fondo definitivos para o vindeiro período, e coa asinación do Convenio de Colaboración para implementación do programa.

 

O GALP Golfo Ártabro Sur aprobará mañá a Estratexia de desenvolvemento local participativo do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca.



No día de onte celebrouse na Casa do Mar de Sada, a reunión da xunta directiva do GALP, co obxectivo de validar o documento da estratexia, que orientará o programa de axudas do FEMP (2014-2020). Houbo consenso á hora de validar o documento, destacando os retos que se presentan de cara ao novo período, para mellorar a execución deste programa. A estratexia vai a potenciar de maneira especial aos sectores do mar e o turismo, favorecendo a sinerxía e o establecemento de iniciativas conxuntas entre ambos. Tamén se reforzará a preservación e o coidado dos ecosistemas e hábitats marítimo costeiros, afrontando problemáticas ambientais, ás que se lle pode dar resposta con este fondo. Outra das liñas de traballo é a relacionada coa valorización do patrimonio, facendo unha firme aposta pola recuperación de patrimonio vinculado ao mar e a zona costeira, tanto no ámbito material, como no inmaterial, recuperando actividades, tradicións, oficios, ligados ao mundo do mar.
Unha vez que a Asemblea ratifique o documento, este será entregado á Consellería do Mar, para a súa aprobación, pasando o GALP a converterse nunha entidade colaboradora na xestión do programa de axudas de dito Fondo. Neste caso, o GALP podería xa recibir solicitudes de proxectos, de cara á nova convocatoria do programa de axudas, que sería a finais do mes de febreiro do vindeiro ano.
A Asemblea Xeral do GALP Golfo Ártabro Sur, para a aprobación da estratexia, celebrarase mañá, día 1 de decembro, no Salón de Actos de A Senra no concello de Bergondo. A primeira convocatoria da reunión está fixada para as 18:00 horas e a segunda para as 18:30 horas. Ao remate da mesma, sobre as 19:00 horas terá lugar o Foro que pechará o proceso, acto este que será aberto a todas as persoas e entidades que estiveron participando no proceso.


Plan de Acción do GALP Golfo Ártabro Sur da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo.

Publicamos o Plan de Acción que se elaborou nas distintas mesas sectoriais realizadas para elaboración da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo.

Plan de Acción GALP Golfo Ártabro Sur: aquí documento

Mañá Martes a Xunta Directiva reunese para revisar e aprobar a Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo.

Mañá  Martes 29 de Novembro 2016. Reunirase a Xunta Directiva do GALP Golfo Ártabro Sur co obxecto de Revisar e aprobar a Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo, que conclúe o proceso da Candidatura da nosa entidade ao programa Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro 2014-2020 da Consellería do Mar e financiado polo Fondo Europeo Marítimo Pesqueiro.
Día: 29 de Novembro 2016, Martes
Hora: 18:30 1ª Convocatoria e 19:00 en 2ª Convocatoria
Lugar: Sala de Reunións da Confraría de Pescadores de Sada. Av. do Porto (Casa do Mar) Sada.

 

O pasado Venres o Sector Pesqueiro do GALP Golfo Ártabro traballou nas liñas estratéxicas que se implementarán na EDLP do Galp Golfo Ártabro Sur no período 2017-2020

Onte, venres o Sector Pesqueiro reuníuse no Salón de Actos da Lonxa de A Coruña onde se traballou as liñas estratéxicas de toda a cadea do Sector Pesqueiro, para incluir na Estratexia do GALP para o vindeiro período 2017-2020. 
O GALP Golfo Ártabro Sur agredece a aportación de todos os sectores que compoñen a actividade Mariñeira do noso territorio na elaboración da nosa estratexia.
Participaron representantes das Confrarías de Pescadores, da Lonxa de Coruña, Comercio Minoristas, Exportadores, das empresa de Transformación, Armadores, e Asociacións do Sector Pesqueiro.
Entre as liñas más interesantes están a recuperación da biodiversidade da zona mariña e de litoral do Golfo Ártabro Sur, novas liñas de presentación e comercialización dos produtos do mar, circuítos turísticos na zona portuarias e promover o consumo de produtos do mar, a modernización e innovación tecnoloxica nos produtos do mar, a internaciolización das empresas, e cooperación cos centros científicos.




 

Agradecemos a todas entidades, asociacións, empresas e instituticións asistentes as mesas de traballo temáticas para elaboración de EDLP do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Sur.

Dende o o Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Sur, queremos agredecer as mais de 60 entidades, empresas, asociacións e institucións, e axentes do territorio que participaron nas mesas sectoriais do Sector Público, do Sector Patrimonial - Ambiental, do Sector Económico e Turístico, e do Sector Pesqueiro, pola súa gran aportacións ás ideas e proxectos que se levarán nos vindeiros anos.
Fotos Mesa Sector Público


Fotos Mesa de Patrimonio e Medio Ambiente




Foto Mesa Economía e Turismo

Foto Mesa do Sector Pesqueiro



 Foto das liñas de Traballo da EDLP




Lémbrade o vindeiro Xoves 17 de Novembro, temos a 2ª xornada, que abordará o deseño da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo!!, o día xoves, 17 de novembro, na CASA DO MAR AULA DO ISM DA 3ª Planta (Avda. del Porto, 21)

As mesas de traballo serán :
Sector Público 12:00 horas
Medio ambiente e Patrimonio ás 17 horas,
Economía e Turismo ás 18 horas
Sector Pesqueiro ás 19 horas.

DOCUMENTO DE TRABALLO aqui
Se non podes vir:
¡¡¡¡Podedes enviar as vosas propostas a noso correo: galpgolfoartabrosur@gmail.com co Asunto:
Propostas para liñas actuación EDLP GALP Golfo Ártabro Sur!!!!

A foto de Abaixo é do edificio onde se vai realizar as actividades para que no os perdades



La imagen puede contener: cielo y exterior


Nos vindeiros días subiremos a información traballada nesta xornada para que podades realizar as vosas aportacións á Estratexia.
Onte se celebrou no Salón de Plenos de Sada a xornada de traballo para elaboración da Estratexia.
 
A reunión, presidida polo presidente do GALP, Andrés García Boutureira, contou cunha ampla participación de representantes de diferentes asociacións do sector pesqueiro, asociacións de redeiras, asociacións empresariais, concellos, confrarías,  clubes náuticos e organismos públicos, entre outros. Entre estas poderíamos destacar a Acerga, Confraría de Sada, o concello de Sada e o concello de A Coruña, Ceida, Reserva da Biosfera Mariñas Betanzos, Asociación de minoristas e exportadores do Porto de Coruña, Autoridade Portuaria de Coruña, Agrupación de mariscadores do Burgo da Confraría de Pescadores da Coruña, etc. Tamén persoas que a título persoal se interesaron por este proxecto.
Esta reunión, serviu para dar o arranque ao proceso de participación de elaboración da EDLP, que quedará rematada a principios do mes de decembro. Abordáronse tres ámbitos de traballo, destacando:
·         No sector pesqueiro a importancia da valorización dos produtos pesqueiros en fresco, a importancia de incidir no seu consumo en diferentes ámbitos, a necesidade de loitar contra a contaminación das augas e a súa incidencia no medio mariño e costeiro, etc.
·         No ámbito da diversificación económica e o turismo, a relevancia que ten o Camiño Inglés como motor de dinamización do turismo, aproveitando a sinerxía cos ámbitos pesqueiro e patrimonial como motores de desenvolvemento, a trascendencia da actividade náutica e actividades lúdico deportivas vinculadas ao mar.
·         No ámbito ambiental e patrimonial destacou a importancia de mellorar a calidade e a preservación da biodiversidade da rías, a importancia do ecoturismo, e tamén, o reforzo do extenso patrimonio material da zona e o inmaterial vinculado ao ámbito mariño, marítimo e pesqueiro.






 

 O vindeiro Xoves 10 de novembro 2016 ás 19:00  no Salón de Plenos do Concello de Sada, sito no Edificio da Antigua Axudantia de Mariña, Av. do Porto 26 Sada, terá lugar a Xornada Inicial de Elaboración da Estratexia de Desenvolvemento Participativo do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Sur, é unha reunión aberta a tódalas entidades, empresas, asociacións e público en Xeral, que estea interesados en aportar o seu gran da area, na elaboración da estratexia.




Podes baixarte o documento que traballaremos nesta Xornada, Documento inicial

Nesta páxina informaremos do proceso de elaboración da Estratexia do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Sur para o período 2016-2020.

A participación está aberta a tódalas entidades, institucións, empresas e persoas do territorio que teñan interese en participar, ás formas de participar serán de forma presencial, a través das distintas convocatorias públicas que se realizarán.
A través das redes sociais, en Facebook poderedes aportar o vosos comentarios que teranse en conta para elaboración da estratexia en
https://www.facebook.com/galpgolfoartabrosur/




Comentarios

Entradas populares de este blog

Aberta a nova convocatoria de axudas 2024

Un estudo ambiental contabiliza en 2.226 a poboación de especies mariñas e terrestes do territorio

Éxito rotundo na convocatoria de axudas 2024