QUEN SOMOS

 O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro Sur é unha Asociación sen animo de lucro.
A Asociación é continuadora da Asociación Grupo de Acción Costeira Golfo Ártabro que durante o período 2009- 2015 foi entidade colaboradora da Consellería do Mar para implementar o Plan Estratéxico Zonal financiado polo Fondo Europeo da Pesca 2007- 2013 ó 75%, do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente e da Consellería do Mar ó 25%.

O GALP Golfo Ártabro Sur, ten como ámbito de actuación territorial ós Concellos de Arteixo, A Coruña, Culleredo, Cambre, Oleiros, Sada e Bergondo.

As entidades do Sector do Mar como Confrarías de Pescadores, Asociación de Redeiras e Asociacións e Fundacións do Sector do Mar, do Sector Público; Concellos, as entidades asociativas empresariais do territorio, entidades culturais, recreativas, sociais, da diversidade funcional, medioambientais, Club Náuticos e Fundacións e ONG´s interesadas do territorio conforman a base social do GALP.

O GALP ten como órganos de goberno a Asemblea Xeral de Socios e a Xunta Directiva conformada por 17 membros: 8 representantes de entidades e organizacións do Sector do Mar, 3 representantes  dos Concellos, 3 representantes das Asociacións empresariais e 3 representantes das Asociacións e ONG´s, Sociais, Ambientais, Culturais, Deportivas, Veciñais, etc. do Territorio.

Organizase en 4 Mesas de Traballo:

Mesa do Sector do Mar, onde están tódalas entidades e organizacións relacionadas co sector do mar, como són ás Confrarías de Pescadores, Asociación de Redeiras, Fundacións e Organizacións de Produtores, así como distintas Asociacións do Porto de A Coruña.

Mesa do Sector Público na que se encadran ós representantes do Concellos Socios, de Arteixo, A Coruña, Culleredo, Cambre, Oleiros, Sada e Bergondo.

Mesa do Sector Empresarial, onde están as asociacións empresariais asociadas do territorio.

Mesa do Sector Social, onde se encontran tódalas entidades e na que hai tres mesas subsectoriais:
Mesa do Medioambiente, Mesa de Mulleres, Mesa de entidades Diversidade funcional, Deportivas, Sociais, Culturais, etc.

Documentos:
Estatutos

 







Comentarios

Entradas populares de este blog

Aberta a nova convocatoria de axudas 2024

Un estudo ambiental contabiliza en 2.226 a poboación de especies mariñas e terrestes do territorio

Éxito rotundo na convocatoria de axudas 2024